FGPD - Federación Galega da Prensa Deportiva

Páxina web oficial da
Federación Galega
da Prensa Deportiva

Fúndase en Santiago de Compostela tendo carácter e natureza de Federación Profesional.
É o órgano de representación, cordenación, xestión e defensa da profesión xornalística deportiva galega. O seu ámbito territorial é a Comunidade Autónoma de Galicia.

Bases Gala 2006

A Federación Galega da Prensa Deportiva de conformidade cos seus fins estatutarios, promove actividades encamiñadas á defensa da profesión xornalística en Galicia.

Con tal propósito, convoca para o ano 2006 os Premios Galicia de Xornalismo Deportivo de acordo coas seguintes bases:

  1. A F.G.P.D. convoca os Premios Galicia de Xornalismo Deportivo nas modalidades: escrita, radiofónica, audiovisual, fotográfica e internet.
  2. A convocatoria dos premios de Xornalismo Deportivo Galego nace co fin de promover e constatar a excelencia técnica, contribuir á difusión dos valores deportivos e potenriar á realización de traballos xornalísticos sobre o deporte galego.
  3. Para optar aos Premios; poderán pressentarse toda as persoas, auto-res orixinais, e empresas propietarias dos seus dereitos que envíen os traballos xornahsticos que foran edrtados entre o 1 de Xullo do 2005 e o 30 de Xuño do 2006, en calquera medio de comunicación de Galicia ou fora dela Presentándose unha copia, dependendo do medio no que fora realizado. No apartado impreso as copias en tamaño Din A4, en radio CD, en grafico formato 30x40, en audiovisual e internet en CD ou DVD. Os traballos enviaranse ó Secretario Xeral da Federación antes do 10 de setembro a través de correo certificado á sede social da Federación Galega da Prensa Deportiva na Rúa do Horreo 94, 1ºB. 15702 Santiago de Compotela.
  4. O xurado para os premios Galicia de Xornalismo Deportivo estará composto por personalidades xornalísticas, do mundo empresarial e do deporte, cuxos nomes faránse públicos no momento da concesión do Premio. Terá capacidade para resolver cantas cuestións mereceran consideración para a interpretación destas bases. A súa decisión será inapelable. O voto do Presidente será decisorio en caso de empate.
  5. Debido a que os premios poderán declararse desertos e unha vez pechado o prazo de recepción dos traballos, o xurado poderá (co consentemento previo dos autores), propoñer traballos en calquera das modalidades dos premios establecidos que, ainda sen ser presentados, reúnan, ó seu xuízo, méritos suficientes para optar aos referidos premios.
  6. A Xunta Directiva de cada Federación Provincial será a responsable de designar o premiado coa "DISTINCIÓN HONORÍFICA" correspondente ao seu ámbito territorial. Baseandose en criterios da mellor traxectoria informativa deportiva, individual ou colectiva, realizada en calquera medio de comunicación.
  7. Os gañadores en cada categoría obterán os seguintes premios:
    Trofeo da FGPD, Diploma Acreditativo e 600 euros.
    Os gañadores dos “Premios Honoríficos” recibirán:
    Trofeo da FGPD, e Diploma Acreditativo.
  8. 0 xurado reunirase para deliberar antes do 30 de setembro do 2006 e valorará con plena liberdade os traballos que desenvolvan técnica profesional e que se distingan pola súa calidade, orixinaIidade e oportunidade en relación cos valores aludidos nas propias beses. No apartado o premio a Igualdade, o xurado terá en conta as apor-tacións da muller a profesión xornalistica deportiva en Galicia, asi como recoñecela traxectoria e o esforzo de persoas e entidades a favor da igualdade de oportunidades na profesión. A súa decisión farase pública nun comunicado canalizado a traves dos principais medios de información de Galicia. Con posterioridade, realizarase a entrega do premio nun acto coa maior solemnidade.
  9. A presentación a estes premios supon a aceptación íntegra das suas bases e a autorización á F.G.P.D. para a reprodución e difusión dos traballos presentados, dentro do ámbito de publicidade do propio premio. Non se asumirán os custos de envío ou devolución dos artigos presentados e das posibles pérda, deterioro ou calquera outra circunstancia imputable ós medios de transporte.
  10. Os datos dos participantes serán tratados conforme a L.O. 15/1999.

En Santiago, maio de 2006

Premios 2006

Premios
Prensa escrita
Grupo xornalístico Terceiro Tempo
Radio
Covertura informatíva da Vuelta ciclista a España 2005 (Radio Voz Galicia)
Audiovisual
Eloxio da soidade (70 anos de fútbol) (TVG)
Fotografía
Antonio Hernández Rios (Carreira Pedestre)
Internet
O portal Galicia Navega (Volvo Ocean Race) da Dirección Xeral para o Deporte, Xunta de Galicia
de Igualdade
  • María José Fernández Azpeitia
  • Ana María Carragal García
  • Lis Blanco
Mención especial
Traxectoria xornalística
  • Manuel García Castro "Magar" (Pontevedra)
  • Vicente Leiracha Aneiros (A Coruña)
  • Francisco Rivera Cela (Lugo)
  • Segundo Alvarado Feijoo Montenegro (Ourense)

Fotografías 2006

Fotografías realizadas durante a Gala
[ver fotos]

Anos anteriores

© Federación Galega da Prensa Deportiva. Información mantida e publicada en internet pola FGPD.