FGPD - Federación Galega da Prensa Deportiva

Páxina web oficial da
Federación Galega
da Prensa Deportiva

Fúndase en Santiago de Compostela tendo carácter e natureza de Federación Profesional.
É o órgano de representación, cordenación, xestión e defensa da profesión xornalística deportiva galega. O seu ámbito territorial é a Comunidade Autónoma de Galicia.

Presentación FGPD

A FGPD fúndase en Santiago de Compostela acolléndose a lei orgánica e Real Decreto competente, tendo carácter e natureza de Federación Profesional, dado o réximen xuridico no que se amparan todas as asociacións que a constituen. É o único representante na Comunidade Autónoma de Galicia da 'Asociación Española de la Prensa Deportiva' e por conseguinte da Asociación Internacional da Prensa Deportiva.

É unha entidade sen ánimo de lucro, con personalidade xurídica propia, capacidade de obrar, patrimonio propio e goza de plena autonomía xuridica, económica e administrativa para o desenrolo da sua misión.

Poden formar parte da FGPD calquera Asociación de Xornalistas Deportivos legalmente constituida en Galicia.

Na actualidade, a nosa Federación conta cun total de 170 asociados integrados nas distintas Federacions Provinciais.

Estatutos FGPD

"A Federación Galega da Prensa Deportiva (F.G.P.D.) constitúese en Santiago de Compostela, o día 13 de Outubro de 2001, segundo o dereito recoñecido na Constitución Española. Rexirase polo establecido nos presentes Estatutos [...]" (Estatutos da FGPD dispoñibles en formato pdf).

Directiva fundadora

Presidente
D. Juan Guillin Varela
Vicepresidentes
  • D. Jose Manuel Fernández Sobrino (Ourense)
  • D. Luis Macías Estévez (Pontevedra)
  • D. Manuel Hernandez Sánchez (A Coruña)
  • D. Carlos Brand Julio (Lugo)
Secretario xeral
D. Ricardo Docobo Durántez
Vicesecretario
D. Antonio Bermudez Vidal
Tesoreiro
D. Miguel Viņa Tarrío
Vocais
  • Dª. Patricia Rodríguez Juste
  • Dª. Silvia Viqueira Castro
  • D. Xosé Anxo Blanco Nuñez
  • D. Antonio Estévez Rodríguez
  • D. Miguel Domínguez Rodríguez
  • D. Jose Vicente Martinez Vilasuso
  • D. Daniel Juan Soto Rodrigo

© Federación Galega da Prensa Deportiva. Información mantida e publicada en internet pola FGPD.